sábado, 4 de marzo de 2017

ONDE BUSCAMOS INFORMACIÓN?

PARA SEGUIR COA METODOLOXÍA DOS PROXECTOS DE TRABALLO, CHEGAMOS O PASO NÚMERO TRES:

ONDE BUSCAMOS INFORMACIÓN?

DESPOIS DUN TEMPO DELIBERANDO DÍMONOS CONTA DE QUE SEGURAMENTE OS PAPAS E MAMAS SABERÍAN ALGO DAS ABELLAS PORQUE SON MOI MAIORES, ASÍ QUE IMOS PREGUNTARLLE.

TAMÉN NOS PERCATAMOS  DE QUE NA BIBLIOTECA HABERÍA LIBROS QUE FALARAN DAS ABELLAS E PROPUXÉMONOS IR A BUSCAR ALÍ.

E PARA REMATAR, SEGURAMENTE QUE NO ORDENADOR, QUE HAI DE TODO, HABERÁ TAMÉN COUSAS DAS ABELLAS.

ASÍ QUE CON TODO ISTO PUXÉMONOS A TRABALLAR. PRIMEIRO MANDAMOS UNHA CARTA AS FAMILIAS PARA QUE NOS AXUDARAN.
O SEGUNDO PASO FOI IR BUSCAR A BIBLIOTECA OS LIBROS QUE FALABAN DAS ABELLAS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario