viernes, 25 de mayo de 2012

EXCURSIÓN A APIPOLIS

O xoves 24 chegou o gran día e collimos o autobus para irnos a Apipolis. Estabamos tan nerviosos por chegar que ao pasar por Caldas xa comezamos a preguntar: "¿Cando chegamoooooos?...".
En Apipolis pasámolo xenial. Fixemos unha visita ao apiario co traxe de apicultor e todo, escoitamos un conto sobre as abellas, quitamos a mel centrifugando os panales, fixemos unha vela, ... A visita fíxosenos corta e cando tiñamos que volver aínda preguntabamos "¿e agora a onde imos?".

jueves, 24 de mayo de 2012

GALLETAS DE DINOSAURIOS

HOXE FOMOS OS DE 5 ANOS-A OS QUE BAIXAMOS Á COCIÑA A FACER UNHAS RIQUÍSIMAS GALLETAS DE MANTEIGA CON FORMA DE DINOSAURIO.
SAÍRONNOS BOÍSIMAS E DEUNOS TEMPO TAMÉN A CUBRIR A FICHA COS INGREDIENTES PARA ENCHER O NOSO LIBRO DE RECEITAS.
EN POUCOS DÍAS VOLTAREMOS Á COCIÑA CON OUTRA RECEITA RELACIONADA COS DINOS.
MENTRAS ESPERADES DEIXÁMOSVOS COAS FOTOS QUE FIXEMOS HOXE. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN...


miércoles, 23 de mayo de 2012

RECEITA.

-200grs de fariña.
-140 de manteiga.
-100grs de azucre.
-1 ovo para a masa.
-unha pizca de sal.
-1 ovo para pintalas.
mezclamos todos os ingredientes; facemos e traballamos a masa, e unha vez a masa esté unida e traballada, damos forma ás galletas cuns moldes de dinosaurios:
meter no forno a 180º, cando estén doradas quitalas.
a disfrutalas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!.

COAS MANS NA MASA: GALLETAS DE DINOSAURIOS

Os nen@s de 5 anos B, fixemos galletas de dinosaurios. qué ven o pasamos!!!!!!!!!. somos expertos na cociña; ahí vos deixamos a receita para quen queira pobrar estas deliciosas galletas. bicos.


lunes, 21 de mayo de 2012

Romería 2012 ( 4 anos A )

Chegou o día de celebrar as Letras Galegas. Xa estamos todos preparados para a camiñata, pero aínda con camiñata e con calor pasámolo moi ben, senon mirade que cariñas:


Por certo que non se me esqueza de darlle as gracias os pais por axudarnos para que todo saira tan ben.
Moitas gracias.

sábado, 19 de mayo de 2012

ROMERÍA 2012

E CHEGOU O TURNO DOS DA CLASE DE 5 ANOS-A. COMO SABEDES ESTA ROMERÍA FAISE DENDE FAI 15 ANOS COINCIDINDO CO DÍA DAS LETRAS GALEGAS QUE ESTE ANO  FOI ADICADO A VALENTÍN PAZ ANDRADE.
OS NENOS E NENAS DA NOSA CLASE PASÁMOLO XENIAL, NON NOS CHEGOU A  NADA O TEMPO DOS XOGOS E PROPOÑEMOS REPETILOS OUTRO DÍA, NON SABEMOS SE OS MAIORES NOS FARÁN CASO PERO A PROPOSTA QUEDOU FEITA POLOS MÁIS PEQUENOS. GRACIAS AOS PAPÁS E MAMÁS QUE PUIDESTES ACOMPAÑARNOS PARA AXUDAR E FACER QUE CADA ANO ESTA FESTA FUNCIONE MELLOR. XUNTOS PODEMOS!!!
AQUÍ TEDES ALGUNS MOMENTOS DO NOSO DÍA...DISFRUTÁDEOS!!






SEGUIMOS DE ROMERIA

Os nenos e nenas de 4 anos B tamén fomos de romería. Este ano xa tiñamos todo máis controlado. Comezamos camiñando cara o Piñeiro e levabamos un ritmo tan bo que cando chegamos ao campo aínda nos dou tempo de botarnos uns bailes mentras esperabamos.
Todo saiu xenial e os peques pasaronno de medo.
Dende o equipo de mestras de educación infantil non queremos deixar pasar a oportunidade que nos da o blog de facer público o noso agradecemento pola vosa colaboración. Seguimos repetindo eso de "Sin vós esto non sería posible"


Custom Glitter Text

jueves, 17 de mayo de 2012

IMOS DE ROMERÍA

Como nos divertimos!!!!!!!!!!, o sol nos acompañou toda a mañá, e pasámolo fenomenal.
grazas a todos os papis pola vosa colaboración. e FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!.
bicos. 5 anosB



miércoles, 16 de mayo de 2012

ROMERÍA DAS LETRAS GALEGAS

¡Vaia día máis chulo pasamos hoxe!
Era a nosa primeira romería das letras galegas e todo era novo para nós pero todo saeu fantástico.Fomos moi ben acompañados polas nosas familias e logo fomos pasando por varios xogos.Ao final comemos as nosas empanadillas que estaban riquíiiiiiiiiiisimas.
A volta ao cole fixémola en autobus porque xa estabamos moi cansos.

Gracias a todos os papás e mamás por controlar tan ben os xogos e dicirnos o que tiñamos que facer.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A picture slideshow by Smilebox

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...