martes, 11 de xullo de 2017

Arte no Piñeiriño Naturalmente


Coa colaboración dos compañeiros do cole os nosos corredores lucen así de artísticos.

Grandes obras grandes artistas

Comezamos o noso proxecto de arte con unha pequena investigación sobre diferentes pintores e unha escultora galega. Utilizando as novas tecnoloxías añadimos a cada información o QR correspondente para que o poidades ver dende a casa cos vosos fillos.

mércores, 15 de marzo de 2017

INFORAMCION APORTADA POLAS FAMILIAS

Aquí recollemos unha pequena mostra dá información que aportaron as familias dos nenos e nenas para o noso proxecto, a través dá cal estamos aprendendo moitiiiiiisimas cousas.
Moitas gracias familias.


domingo, 5 de marzo de 2017

BUSCAMOS INFORMACIÓN NA BIBLIOTECA

Na asamblea decidimos que un dos lugares onde poder buscar información sobre as abellas, era a nosa biblioteca de centro. E alí nos fomos. Primeiro buscamos a sección onde falaban de animais: atopamos na sección de consulta o número 59 adicado á zooloxía. Buscamos pola biblioteca onde se atopaba esa sección e por fin buscamos nos libros todo o que facía referencia as abellas.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow customized with Smilebox

BUSCAMOS INFORMACIÓN NÁS CASAS

UNHA DAS FONTES DE INFORMACIÓN QUE APUNTARON OS NENOS E NENAS ERA PREGUNTARLLE OS PAIS E NAIS QUE SABÍAN DAS ABELLAS, PARA ISO MANDAMOS UNHA CARTA AS FAMILIAS.

    
QUERIDAS FAMILIAS:
O VINDEIRO  MÉRCORES 15 DE MARZO  IMOS  FACER UNHA SAÍDA Á GRANXA  APIPOLIS, ALÍ IMOS TER CONTACTO COA VIDA DAS ABELLAS, OS SEUS PRODUCTOS, COIDADORES,......
POR ESTE MOTIVO QUEREMOS COMENZAR COS NEN@S UN PROXECTO ADICADO AS ABELLAS E QUE LEVAREMOS A CABO NESTES PRIMEIROS QUINCE DÍAS E DESPOIS DA VISITA. PEDÍMOSVOS A VOSA COLABORACIÓN PARA QUE NOS AXUDESDES APORTANDO INFORMACIÓN SOBRE ESTES ANIMAIS . 
                                      DE QUE MANEIRA?
SERÍA INTERESANTE QUE BUSCARADES CÓS VOSOS FILL@S ALGUNHA INFORMACIÓN QUE ELES MESMOS POIDAN ENTENDER E COMPARTIR CÓS COMPAÑEIROS NA ASAMBLEA DIARIA, PODEDES TAMÉN APORTAR LIBROS, VIDEOS, FOTOS, OU CALQUERA OUTRA COUSA QUE SE VOS                                    OCORRA. O REMATE DO PROXECTO TODO O MATERIAL SERÁ DEVOLTO AS                                 CASAS.
                                               MOITAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN

                                                          EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL

sábado, 4 de marzo de 2017

ONDE BUSCAMOS INFORMACIÓN?

PARA SEGUIR COA METODOLOXÍA DOS PROXECTOS DE TRABALLO, CHEGAMOS O PASO NÚMERO TRES:

ONDE BUSCAMOS INFORMACIÓN?

DESPOIS DUN TEMPO DELIBERANDO DÍMONOS CONTA DE QUE SEGURAMENTE OS PAPAS E MAMAS SABERÍAN ALGO DAS ABELLAS PORQUE SON MOI MAIORES, ASÍ QUE IMOS PREGUNTARLLE.

TAMÉN NOS PERCATAMOS  DE QUE NA BIBLIOTECA HABERÍA LIBROS QUE FALARAN DAS ABELLAS E PROPUXÉMONOS IR A BUSCAR ALÍ.

E PARA REMATAR, SEGURAMENTE QUE NO ORDENADOR, QUE HAI DE TODO, HABERÁ TAMÉN COUSAS DAS ABELLAS.

ASÍ QUE CON TODO ISTO PUXÉMONOS A TRABALLAR. PRIMEIRO MANDAMOS UNHA CARTA AS FAMILIAS PARA QUE NOS AXUDARAN.
O SEGUNDO PASO FOI IR BUSCAR A BIBLIOTECA OS LIBROS QUE FALABAN DAS ABELLAS.

QUE QUEREMOS SABER?

O NOSO SEGUNDO PASO FOI PENSAR QUE COUSAS NOS GUSTARÍA SABER DAS ABELLAS, E ASÍ FORON XURDINDO A NOSAS LIÑAS DE INVESTIGACIÓN.

QUE QUEREMOS SABER?

M- COMO FAN A MEL?

V- QUE COMEN?

H- COMO É O SEU CORPO?

L- COMO SON AS PEGADAS DAS ABELLAS?

I- COMO SON AS SÚAS CASAS?

PROFE- QUEN COIDA DÁS ABELLAS?

ESTAS FORON AS SÚAS PREGUNTAS, PERO SEGURO QUE NOS VAN A XURDIR MÁIS EN CANTO COMECEMOS  A INVESTIGAR.

QUE SABEMOS?